Oficial web site: Nós

Na columna da esquerda hai caralladas :), enquisas, fotos, o arquivo do blog, quenes somos, videos (nos cales pinchas sobre eles e reprodúcense arriba de todo do blog) etc ; no centro os relatos (made in ness&figui ) das aventuras do grupo. Pasade e mirade, non fai falta petar nin pagar entrada ^o) estades na vosa casa... Hai moito que ver! O_O Agradécense os comentarios, porque eso é o que manten vivo o blog, os que fan que día a día nos animen a escribir no blog! ({) EsPeRaMoS QuE VoS GuStE!!! ;)

miércoles, 1 de agosto de 2007

A pezuña do OsiñoOo :( ...

Bueno pois hoxe foi un dia moi singular pra todos, normal pra uns, especial pra outros e espacial pa un en concreto qe viu as estrelas...
Qedamos as 5 na plazuela coma sempre co gusanillo de se nos iban deixar entrar nas piscinas ou non...Ali estivemos debatindo e organizando qen iba primeiro e tal, ata qe nos decidimos a coller direcion piscina.
Ala fumos de "chuliguais" o primo asiatico e eu de primeiros aer se pasabamos...segun nos ibamos acercando á tania crecianme os nervios e chegou o momento de mirarnos cara a cara..."face to face"...ata qe sairon as palabras mais esperdas por min: "fora, ti non entras"...e despois de varios intentos de convencela funme pois acabei desistindo...Total qe o primo figui, meu irman e a cuñada e a prima alba deixaronos entrar e qedamos o ramil e eu fora...Os colegas da panda chejaron a un acordo ca filla de ____ da socorrista no cal se establecia qe os personaxes do ness (eu) e o ramil poderian pasar a partir das 6:15 ora peninsular se o señor moreno os deixaba pasar....total qe ainda eran as 5:23...e non se nos ocurria nada en qe pasar o tempo...ata qe surxiu de boca do ramil a idea de irnos bañar ao rio (non se imaxinaba o qe lle acabaria pasando) e qe contou coa aceptacion do ness (eu) e o primo asiatico qe tamen qixo vir pois ala en asia non fan estas cousas e qeria probar a esperiencia.
Ala fomos!!....coa intencion de bañarnos e coller a bola do amistade (qe foi o obxeto qe desencadenou todo). Todo comezou ben. Encontramos un bo sitio pra meternos.Eu baixe por unhas pedras e crucei o rio pa coller a bola mentras eles intentaban pasar por outro lado. O asiatico no seu intento por cruzar o rio, perdeu unha chancla qe marchou rio abaixo pero qe ao final deu collido e veuse pra onda min onde habia un montonciño de area. Pero de repente escoitamos un "ploff!"...e xiramonos e vimos ao ramil tirado na auga qe seica esbarou e caeu de cu e o 1º qe fixo segun nos veu foi empezar a rir, e botamos as nosas risas, qe se incrementaron cando nos dixo "ei!, videme sacar qe qedeu trabado" xD...ahi xa foron moitas as risas. Total qe ao final puxose ben el solo e seguimos as coñas ata qe........ ......... dixo o ramil "ostia como me doe o pé" e mirou pa el e viu qe estaba sanjrando e moito. Ao principio pensaba qe seria cousa da auga e da merda qe habia pero despois cando viu o pé eso parecia un porco na matanza!!....e nos: "buaa qe animalada" e collemos pista pa arriba. Pero o ramil non daba subido pois doialle o pé moito seica e non daba subido.Acabou subindo e puxo as xanclas do asiatico mentres se cagaba en todo e nos entre a desesperacion e a singularidade do momento, fixemos algo qe todo bon amigo faria.... Qe fixemos??...Pois collemos o movil e grabamos ao personaxe e a situacion ppra ter un recordo deste dia no futuro (decir qe mentres nos grababamos o ramil sejia cagandose en todo e xurando qe esta nola gardaba e qe eramos uns fillos de puta). Despois de este interesante momento observamos a chancla toda che de sangre...e a qe seguia vertendo...e o asiatico e eu pensamos en qe ben podiamos coller a sanjre e facer unhas filloas pra a noite, pero o ramil non compartia a nosa opinion.... En fin, qe armandonos de valor e "friend-ismo" (compañerismo en lenguaje vulgar) o collemos en ombros e emprendemos unha viaxe a vida e morte baixo o sol abrasador qe se pousaba sobre chantada un 31 de julio de 07 (a verda é qe esta un pouco esaxerado pero bueno) cara as piscinas. Duramte este traxecto o ramil sejia coas suas de cagarse en todo santo qe ay no ceo e nos facendo algunha coña sobre o tema qe non lle sentaron moi ben ao chaval. Despois desta agotadora travesia chegamos onda o moreno e puxemos a proba os seus coñecementos de primeiros ausilios, pero qe na miña opinion suspendeu moi claramente, pois a qen se lle ocorre poñerse a limpar a ferida toda chea de sanjre con algodon, sen alcol nin auga osijenada ou algo.....en fin, moito sufrimento....Chamaron a papa ramil e alá o veu buscar no mercedes pra ir ao ambulatorio e ala marcharon pai e fillo, o asiatico e o figui qe me relevou a min.
Eu aproveitando a circunstancia entrei nas piscinas e ala me colei onda a panda. Obxetivo consejido!!

Xa nas piscinas...estivemos un anaco bon nas toallas onde faltaban os 3 de antes e puxemonos a ler a vale e a contar contos ata qe puxemos sejintes no voley, onde o manueeee sustituiu ao primo figui e ay qe decir qe deixou o pabellon moi alto pois non perdimos nin un partido, estivemos pletoricos. Asi foron caendo o figueiras grande, o amistade , o "gépe" e o amarante & company qe nos apostaron unhas tapas dobles, eqe por suposto gañamos como non.Da boca do amarante saiu unha frase qe pasara a historia do voley.."cala oh!, iba fuerisima" xD...unhas risazas..en fin.. Os ultimos en caer foron o amistade,gépe,orcha e aitor, qe se acabaron desqiciando mentres os puntos subian pra nos...en fin, qe botamos unhas risazas!! xDD
DEspois ás 8 fumonos e esperamos ali fora ata qe surgiu a iniciativa de irse e ir a visitar ao ramil qe acabou con 5 puntos (aprobou carallo!! xDD), unha muleta e un chisme moi estetico a verda. Pois collemos direcion casa ramil menos meu irman qe marchou pra taboada pois tiñan partido. Cando chejamos axudamoslle a subir as compras á casa a ver se obtiñamos recompensa, e obtivemola, abofe qe sii!!
O ramil invitounos a aquarius, chocolate e a mais cousas se llas pedisemos pero non qeriamos abusar...Total qe pouco estivemos ali, ata qe se nos ocurriu ir ata o parqe.
Ali todo foron risas e contos. O primo figui e a suamuller estiveron apartados "falando" ....e mentras nos contabamos anecdotas sobre o dia e a ostia do ramil e buscamoslle un nombre : "pe-nco" qe o deducimos de "man-co"...en fin patetico. Despois chegou a peña amarante e puxeronse a facer das suas. A de oxe consistia en botar a xente á fonte. A primeira foi a ainara, seguida de varias intentos por botar ao rogina,somoza e jordi. O sijiente en ir á fonte foi a prima sofia, qe ala foi cn pantalos e camiseta. Sejiuna o asiatico qe se resistiu pero acabou na aujiña.Despois todos acojonados por se nos tocaba a nos tamen, fixemos un pensamento de marxar e fixemolo, marchamos todos.
E asi pasou a tarde, a tardiña e a noitiña...

E estoi foi todo por oxe, un dia moi raro e singular pero qe por suposto qedara pra o recordo!!

Aora teria qe escribir o maestro...pero dudo qe o faga...pois non da señais de vida...Bueno por se acaso non escribe qe sepades qe eu fixeno o mellor qe puden...con todos os detalles posibles...

Aii che qeda maestro (por si acaso)

Maña (sen min) á ora de sempre, no lugar de sempre cas cousas de sempre.
Bo tempo? xa se vera, deixemolo no aire.
Deica maña!! COn dios!! ^_^

* Ah! por certo qe se me esqecia o detalle, qe ao final non collemos a bola pois non apareceu. Ali qedou esperando por alguen qe a vaia coller....

1 comentario:

Anónimo dijo...

Oaa wapísimos!!ainda non vira o voso blog,pero k sepades k é unha pasada e k stá de putísima....figui, perdon pola contestación k che mandei,sintoo...por certo k eu tampouco stou na columna da izquierda..ejem.. bkñs

maría